Casa da Fonte

Situada na pequena aldea de A Campa, no corazón do Courel, a cinco minutos de Folgoso, capital do concello.

A casa alúgase completa. Moi ben situada, rodeada polo souto de castiñeiros e con aparcadoiro cuberto ao pé da casa. Dispón de dous cuartos dobres, baño completo e cociña-comedor-salón, todo nunha soa planta duns 80m2. 

Casa da Fonte